PLANTACIÓN NA RÍA DO BURGO. A excursión estrela do colexio é a Plantación de árbores no paseo da Ría do Burgo,onde coa colaboración de Voz Natura e o Concello de Culleredo xa levamos plantados carballos,castiñeiros e cerdeiras.
FROITAS FRESCAS! Participamos no Plan Proxecta no apartado de Froitas Frescas,polo que cada primavera,en duas quendas na hora da merenda da mañá todo o colexio come froita.
EMBAIXADORES DOS HUMIDAIS. Os nen@s de sexto foron no curso 2017-18 nomeados embaixadores dos humidais polo seu estudio das aves da Ría do Burgo polo Concello de Culleredo.
VISITA MALIBÚ. Non sempre todo e lixo e plantas, tamén facemos excursións e veñen a explicarnos como debemos tratar aos animais.Neste caso trouxeron da Asociación Apadán un can ,Malibú,para que saibamos como é unha adopción responsable.
CONGRESO REVITALIZA PONTEVEDRA. No curso 2018-19 os nen@s de quinto foron ao Congreso Revitaliza en Pontevedra onde explicaron cómo facemos no centro para reciclar.Nin que decir ten que o fixeron fenomenal.
CHARLAS DE RECICLAXE E RADIO ESCOLAR. Para iso os maiores do cole dánnos charlas de como reciclar e e tamén soan pola megafonía mensaxes de como debemos facer gravados na Radio Escolar.