PLANTACIÓN NA RÍA DO BURGO. A excursión estrela do colexio é a Plantación de árbores no paseo da Ría do Burgo,onde coa colaboración de Voz Natura e o Concello de Culleredo xa levamos plantados carballos,castiñeiros e cerdeiras.
FROITAS FRESCAS! Participamos no Plan Proxecta no apartado de Froitas Frescas,polo que cada primavera,en duas quendas na hora da merenda da mañá todo o colexio come froita.
EMBAIXADORES DOS HUMIDAIS. Os nen@s de sexto foron no curso 2017-18 nomeados embaixadores dos humidais polo seu estudio das aves da Ría do Burgo polo Concello de Culleredo.
VISITA MALIBÚ. Non sempre todo e lixo e plantas, tamén facemos excursións e veñen a explicarnos como debemos tratar aos animais.Neste caso trouxeron da Asociación Apadán un can ,Malibú,para que saibamos como é unha adopción responsable.
CONGRESO REVITALIZA PONTEVEDRA. No curso 2018-19 os nen@s de quinto foron ao Congreso Revitaliza en Pontevedra onde explicaron cómo facemos no centro para reciclar.Nin que decir ten que o fixeron fenomenal.
CHARLAS DE RECICLAXE E RADIO ESCOLAR. Para iso os maiores do cole dánnos charlas de como reciclar e e tamén soan pola megafonía mensaxes de como debemos facer gravados na Radio Escolar.
RECICLAXE No colexio tentamos reciclar todo o posible:papel,tapóns de PVC,pilas,roupa e tamén os refugallos orgánicos nos composteiros que nos deu a Consellería de Medio Ambiente. Para iso,nos recreos hai Patrullas Verdes que vixian que tiremos o lixo no lugar axeitado,non sempre con éxito na hora dos recreos.
PLANTACIÓN DE AMORODOS. En xaneiro os nen@s de Educación Infantil xa podemos ir ao invernadoiro a plantar os amorodos que comeremos en primaveira,si os paxaros deixan,claro...🌝
INCUBADORA DE PITOS O que sí non necesita esperar ao tempo meteorolóxico e a nosa incubadora. Cada 21 días unha aula do cole fai unha posta de ovos de galiña para que poidamos ver,en colaboración co Clube da Ciencia,o nacemento dos pitiños.
CULTIVO DE SETAS EN POSOS DE CAFÉ. Cómo non podemos plantar aínda no invernadoiro ,na clase buscamos alternativas ,por exemplo o cultivo de setas ostra en packs de posos de café.Cada semana un nen@ encárgase de levalo a casa porque hai que botarlle auga tres veces ao día para que teña humidade.